Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!
Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).
Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.
Bravo,Rebuá. Este cartaz é do milloriño,e iso que xa tes feito cousas bonitas.
Graciñas, Roi!!! 😀
Unha aperta!
Bravooo! Que vos vaia xenial con este novo disco, moita sorte! Teño ganas de escoitar a nova versión de Terradentro, gustame moito poñela moi moi alto. Escoitasevos por Escocia, ou polo menos o meu compañeiro de piso pode dicir que vos escoita! 😀