Impulsados coa inercia que nos deu a Xira Oito Destinos difícil vai ser agora estarmos quietos. Aquela fame que ruxía nos nosos bandullos converteuse en gula e non pensamos parar ata estar ben cheos de todo o que nos gusta.

Eso si, queremos que veñades todos connosco para facer de cada noite unha verdadeira festa.E si non sabedes por onde andamos non vos preocupedes, que xa vos iremos deixando unhas pedriñas para que poidades seguirnos o rastro este mes de xuño.

|

|

|

|

|



Aí os tedes, dous temas recén feitos, aínda fumegantes, do disco Oito Destinos que se suman á lista da nosa sección de descargas.

Desta vez os elexidos foron A Esmorga e Identidade.

E si queredes escoitar máis estade atentos, porque a sección seguirá medrando con outros temas do noso último traballo.

Bo proveito!!



Comezou a xira Oito Destinos e xa non hai volta atrás!
Arrancou onte en Santiago de Compostela e aproveitamos a viaxe para pasarnos pola Radio Galega e parolar un pouco con Vituco Neira do novo disco e de moitas cousas máis.
Apurade mentres aínda estea dispoñible para escoitar a Guezos en Aberto por Reformas.



Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.



Xa vos podemos adiantar que o novo disco de Guezos “Oito Destinos” vai camiño da fábrica. Esperamos que para finais deste mes ou comezos de abril esté xa dispoñible para todos vós. Desde aquí anunciaremos todas as novas relacionadas co tema.

De momento, coma adianto, deixámosvos o título das cancións que figuran no disco:

  • Guezada
  • A Esmorga
  • Acción - Reacción
  • Identidade
  • Todo Perfecto
  • Vals do Regueiro
  • Amodo
  • Terradentro (vers. 2009)


Acabamos de saír do estudio de gravación e xa voltamos ós escearios.

Desta vez, e de xeito especial, faremos un concerto curto en duración pero seguro que moi intenso.

Estaremos apoiando a causa de GALIZA NON SE VENDE, plataforma que trata de defender os ecosistemas litorais de Galicia, entre outras moitas actuacións de carácter ecoloxista. É interesante que lle botedes unha ollada á páxina deste colectivo.

Por outra banda, hoxe, preto das 7 e media, na cadea SER de Ourense, o noso compañeiro e amigo Ico (O Sonoro Maxín) entrevistará a un membro do grupo para comentar as novas que rodean a Guezos: novo disco, xira de presentación, etc.



Guezos: “Esta iniciativa está moi ben, sobre todo para os grupos que comezan”

10/11/2008

O grupo ourensán cumpre neste 2008 o seu noveno ano como conxunto, ofrecendo unha proposta moi persoal de música folk. Nsaio estivo con eles no Castañazo’08 celebrado en Maceda o primeiro fin de semana de novembro.

Os membros de Guezos falaron do “importante” que foi para eles participar na edición de Nsaio no Camiño, celebrada no 2007.

Lamentáronse de que aínda non exista ningún local na cidade de Ourense, máis aínda así recoñeceron “a importancia que este movemento está a ter, sobre todo para os grupos que comezan” na música.

Os membros de Guezos tamén se aventuraron a contribuír no crecemento de Nsaio, facendo unha recomendación baseada no seu caso particular. Así, reclamaron unha mellora dos medios “para que os grupos con moitos membros, coma nós, podan ensaiar ben”.

Outro aspecto que valoraron de forma positiva foi a posibilidade de promoción que estas iniciativas supoñen para os grupos.

Enlace ó vídeo.



David e Anxo

E con esas caras de pícaros non pode ser nada bo…

Muuuuu!



Nesa teima nosa de querernos facer asquerosamente ricos para deixar dunha vez esta mala vida de músico que levamos demos en crear a nosa propia tenda virtual.

Aínda está na súa versión de proba, pero polo de agora parece que todo funciona ben. Entra e bótalle un ollo ós artigos que temos, que xa está aberta para todos vós a nosa Microtenda Virtual.

Gracias pola visita.



O día 1 de agosto pasaba Guezos polos micrófonos da Radio Galega dentro do programa de Xurxo Souto Aberto por Reformas. De aí saíu unha pequena entrevista que podes escoitar completa desde aquí.

¡Olliño, que comeza no minuto 14!

Next Page »