Feliz 2021!

Pois así quixemos despedir o ano GUEZOS, con esta versión espida de Wish you were here, a unha toma, ao natural, gravadora en man, cámara e móbil.
Canto nos gustaría que todo voltase a ser como antes!
Brindemos pola memoria dos/as que non están, pola recuperación da vida que coñeciamos e por un 2021 un chisquiño mellor! ❤️

Facemos a doazón a Pequeños Superhéroes

Despois deste mal soño do Covid-19, ao fin hoxe puidemos facer a doazón de 1.536’50 € á asociación Pequeños Superhéroes.

Lembrámosvos que a campaña de Guezos consistiu en doar 10 céntimos por cada visualización ou escoita do noso tema Luces do Norte, tanto no formato audio (Spotify) coma no formato video (YouTube), así que GRAZAS polas 15.365 escoitas e visualizacións!!!

Foi para nós unha auténtica honra poder aportar unha pequenísima parte do que se precisa para atopar un tratamento eficaz para os nenos padecen miopatía miotubular.

Se queredes saber máis sobre esta enfermidade rara e sobre as vidas destes loitadores visitade a súa páxina. Na mesma, poderedes aportar tamén unha axuda, se queredes.

Estamos emocionados e sentimos que pagou a pena este modesto proxecto.
Moitas grazas a Santi, Raquel, Zeltia e a toda a asociación. E sobre todo, MOITA FORZA, RAFA!!!

E grazas por suposto, á banda de gaitas Nova Fronteira, que colaborou con nós na gravación do tema e videoclip Luces do Norte.

Concerto Online

O vindeiro sábado, 13 de xuño, ás 20:00 h (hora peninsular) ofreceremos vía Facebook live, YouTube e Twitch 📺 un CONCERTO EN DIRECTO dende Xílgaro Estudio.
A entrada será de balde, pero imos activar a opción de Doazón segura a través de PayPal por si nos queredes botar unha man cos gastos de produción, xa que levaremos técnicos de son e video para darvos a mellor experiencia posible.
Únete, comparte e desfruta dun auténtico concerto de Guezos dende a túa casa! 😊
Doazóns seguras aquí: paypal.me/xilgarosc