Imos pasar medo á Aldea Vella 👻

Este sábado estaremos no IV Folk Horror Festival, en Prado, Castrelo de Miño.

A entrada é de balde, pero hai aforo limitado! 👻

Temos moitas ganas de repetir porque o ano pasado foi espectacular! 🤩

🗓️ 24 de outubro.

🕦 22:30h

🎫 Entrada de balde, aforo limitado.

📍Prado, Castrelo de Miño, Ourense.

E de paso que nos ves podes tomar un viño rico rico da Ruta do Viño do Ribeiro 🍷

Este sábado subimos á Arca

Este sábado temos unha cita moi especial! Estaremos tocando na nosa querida Arca da Noe nun concerto cheo, cheíño de sorpresas.

A primeira delas vén da man da Fundación SGAE, que apreciou a nosa música para ser unha das bandas seleccionadas na primeira edición de ENFOCO. Esta proposta nos brinda a posiblidade de contar coa colaboración de Xosé Manuel Budiño, que se achegará este sábado á Arca para sumar maxia ás nosas cancións. ¡Non sabedes as ganas que temos de compartir escea!

Tamén nos acompañarán nesta cita as nosas amigas Pauliña e Iseo. Un orgullo para Guezos estar rodeados de tanto talento.

Este 2025 estamos a preparar unha cita moi, moi especial, e non se nos ocorre un mellor preámbulo que este. ¡Ven un concertazo, xente! ¿Ídesvolo perder?