Hoxe, 18 de decembro, preséntase no Auditorio Municipal de Ourense o proxecto “EBA 5.0“, que materializa a editorial Difusora de Letra, Artes e Ideas coa edición dun LIBRO+CD+DVD no que todo xira arredor da figura de Eduardo Blanco Amor e a súa “A Esmorga”.
Guezos foi chamado para colaborar xunto con outras bandas nesta aventura. A nosa particular aportación ó proxecto foi a nosa “Esmorga”, que escoitastes no disco “Oito Destinos”. Desta vez foi gravada á calor dunha banda de percusión ourensá, os Percutores, para formar parte do DVD EBA 5.0.
Así que si queredes ver de que vai todo isto, vémonos ás 23:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Ata loguiño!
Despois de ver detidamente a edición do libro, definitivamente é un bo regalo para o nadal. Sentirédesvos orgullosos de Auria.