Pouco falta xa para poder ter nas nosas mans o disco “O Histérico Latexo”, no que levamos traballando intensamente os últimos meses.
Un grandísimo acontecemento para nós! Xa comezaron a soar as bombas de palenque que anuncian a festa que se achega. Rebentou a primeira en Xinzo con gran estrondo, a segunda en Celanova esta pasada fin de semana, e ídevos preparando para as que veñen… Se queredes saber onde caerán podedes consultar a nosa páxina de próximos concertos.
Achegádevos se queredes escoitar de preto este Histerico Latexo.
Unha vez máis estaremos recordando a un dos grandes escritores que pariu esta cidade nosa, Eduardo Blanco Amor, e en concreto a súa obra “A Esmorga”.
Hoxe, 18 de decembro, preséntase no Auditorio Municipal de Ourense o proxecto “
Agora si. Visitade a sección