Video-Entrevista en Nsaio.org

Guezos: “Esta iniciativa está moi ben, sobre todo para os grupos que comezan”

10/11/2008

O grupo ourensán cumpre neste 2008 o seu noveno ano como conxunto, ofrecendo unha proposta moi persoal de música folk. Nsaio estivo con eles no Castañazo’08 celebrado en Maceda o primeiro fin de semana de novembro.

Os membros de Guezos falaron do “importante” que foi para eles participar na edición de Nsaio no Camiño, celebrada no 2007.

Lamentáronse de que aínda non exista ningún local na cidade de Ourense, máis aínda así recoñeceron “a importancia que este movemento está a ter, sobre todo para os grupos que comezan” na música.

Os membros de Guezos tamén se aventuraron a contribuír no crecemento de Nsaio, facendo unha recomendación baseada no seu caso particular. Así, reclamaron unha mellora dos medios “para que os grupos con moitos membros, coma nós, podan ensaiar ben”.

Outro aspecto que valoraron de forma positiva foi a posibilidade de promoción que estas iniciativas supoñen para os grupos.

Enlace ó vídeo.

Nsaio, a música emerxente de Galiza

Cd Nsaio, a música no CamiñoSeguro que algúns de vós xa sabedes de que vai isto, pois xa está na rúa “Nsaio, a música emerxente de Galiza”, onde se recollen temas dos 12 semifinalistas e finalistas da edición do 2007 do concurso Nsaio no camiño, entre eles o noso Manoliño.

E os que aínda non o cheirastes aínda estades a tempo de facervos con un dos moitos que se repartirán este verán nos máis grandes festivais de Galiza.