Aquí está a portada deseñada por Roberto Reboiro de “Luces do Norte”, o novo single de Guezos, gravado no Estudio Xílgaro coa colaboración dos rapaces de Nova Fronteira BC, co que apoiaremos á asociación Pequeños Superheroes.
O mecanismo é moi sinxelo; por cada reproducción da canción que fagades en YouTube, Facebook, Spotify ou calquera das plataformas que usedes, Guezos donará 10 céntimos. Canto máis compartades, escoitedes ou visionedes maior será a axuda. Comezamos pronto! Permanecede atentos!
Categoría: Publicacións
Novo vídeo: The Sailor
👉🏻 Con todos vós: The sailor. 🌊 Un espectacular vídeo de animación realizado polo artista madrileño Miguel Palomar sobre a nosa canción The Sailor, con letra orixinal do estadounidense Jordan P. Sanders.
Se vos presta compartide! 🔁
Zapatos novos xa está dispoñible en Spotify
Zapatos novos xa está dispoñible en Spotify e as mellores plataformas de streaming! Fai clic no enlace, escoitanos e comparte!!
Zapatos Novos en Spotify
Deixádeo pasar!
Con todos vós… Pepiño Malasangre, un pequeno adianto de Zapatos Novos. Aínda que o disco ten temas moi diversos e atrevémonos a dicir que unha carga emocional potente, quixemos facer o videoclip do tema máis cachondo e desenfadado para comezar con alegría esta andaina.
RECORDADE!!
O CONCERTO PRESENTACIÓN terá lugar o sábado 23 de xuño no @CafeCultural Auriense (Ourense)
HORA: 22:30;
PREZO ÚNICO: 5€
XEITO DE CONSEGUIR AS ENTRADAS!!
1. As/Os que xa a pagastes a través dun pack do crowdfunding: entregarávola previamente o compoñente do grupo máis cercano ou, se preferides, o mesmo día haberá «lista de porta» cos vosos nomes.
2. Venda anticipada: se non tedes entrada e non queredes quedar sen ela, poderédeslla mercar previamente ao compoñente do grupo que teñades máis a man ou no Auriense. Estarán á venda tamén alí días antes do concerto
3. Método tradicional: podedes mercala o mesmo día do concerto na mesma porta, iso si, co risco de quedar sen ela, dependendo da resposta da xente.
Concerto/presentación de “Un longo camiño”
Este venres 16 de maio presentamos no Auriense “Un longo camiño”. Un EP edición limitada co que queremos celebrar o noso 15 aniversario con saúde e novos proxectos. Será a primeira oportunidade de facervos fisicamente con este disco. Contén 4 temas e o videoclip “Lévame” que adiantamos hai uns días. Insistimos, é unha EDICIÓN LIMITADA feita con todo o noso cariño e que poderedes mercar, ademais do 16 no Auriense, nos próximos concertos primavera/verán ata que se esgote. Recordamos tamén que os anteriores traballos de Guezos viaxan con nós a todos os concertos e desde hai xa unha boa tempada están tamén nas principais plataformas dixitais.
Este é un EP 100% GUEZOS. Foi gravado e misturado en Xilgaro Estudio de Grabación co noso guitarrista David Quintas e masterizado Dr.Chou, o noso técnico de son. Avisamos de que os 100 primeiros conteñen unha sorpresiña adicional no seu interior.
Grazas a todos os que facedes posible que Guezos continúe o seu Longo Camiño.