Meirol

👉🏻 Aquí tedes “Meirol” a nosa particular versión en directo de “Danza de Meirol” de Berrogüetto. Esperamos que o gocedes igual que o gozamos nós e que o compartades moito coa vosa xente querida. Para nós a música é todo, e poder compartila con vós é un regalo. Graciñas por estar aí. ☺️

Concerto Online

O vindeiro sábado, 13 de xuño, ás 20:00 h (hora peninsular) ofreceremos vía Facebook live, YouTube e Twitch 📺 un CONCERTO EN DIRECTO dende Xílgaro Estudio.
A entrada será de balde, pero imos activar a opción de Doazón segura a través de PayPal por si nos queredes botar unha man cos gastos de produción, xa que levaremos técnicos de son e video para darvos a mellor experiencia posible.
Únete, comparte e desfruta dun auténtico concerto de Guezos dende a túa casa! 😊
Doazóns seguras aquí: paypal.me/xilgarosc