Categoría: Sin categoría
Estreamos guitarrista!
Despois de nove meses de silencio presentamos oficialmente ao noso novo guitarrista, Juan Fish.
Como non podía ser doutro xeito, o concerto terá lugar na súa cidade, Ourense, no Café Cultural El Pueblo, o vindeiro venres 10 de xuño, ás 22:00h, cun prezo de 5€.
Alí poderedes escoitar temas que xa forman parte da nosa historia, temas dos últimos dous traballos discográficos, outros inéditos e algunha que outra versión. Todo isto, baixo un novo ollar, coa frescura e coa enerxía que proporciona o comezo desta nova etapa.
Unha despedida
Boas amigos!
Hoxe vai de despedidas.
Tras oito anos con nós, o noso compañeiro e amigo David Quintas, dinos adeus.
Un adeus cheo de recordos, de experiencias, de mil e unha aventuras; un adeus, seguramente con erros, pero tamén con algún que outro acerto.
Foron oito anos moi fructíferos para Guezos, nos que aprendimos moito, en grande medida, grazas ao empeño e á dedicación de David.
Por iso, David, GRAZAS por formar parte desta familia todos estes anos, GRAZAS polo teu traballo, pola túa dedicación, pola túa disciplina e organización, polas túas composicións… e, o máis importante, pola túa amizade.
Non queremos caer en tópicos, nin facer disto algo triste. Quedámonos con todo o vivido xuntos nestes oito intensos anos, que quedará aí para sempre e para nós.
Sen máis, moita sorte nas túas novas andainas e nos teus novos proxectos cheos de ilusión.
E, aos nosos seguidores…
NON NOS PERDADES DE VISTA. ISTO CONTINÚA!!
Pronto teredes novidades acerca de GUEZOS. SEGUIMOS!!!
ANSIA!!!