Este xoves 9 de xuño ás 19:00h estreamos videoclip en pantalla de cinema!
Será no Liceo de Ourense. Tocaremos un par de cancións e logo convidaremos a uns viños!
Entrada libre!! Pasádevos a velo con nós!

Este xoves 9 de xuño ás 19:00h estreamos videoclip en pantalla de cinema!
Será no Liceo de Ourense. Tocaremos un par de cancións e logo convidaremos a uns viños!
Entrada libre!! Pasádevos a velo con nós!
Hai momentos que marcan a vida dunha banda. Esta fin de semana vivimos un deses momentos na rodaxe do noso novo videoclip. Cando todo estaba en contra por unhas condicións climatolóxicas extremas nunha zona de moi difícil acceso e certas limitacións no presuposto de produción, déuselle a volta á situación dun xeito case máxico. A implicación do equipo co que traballamos foi máis aló do profesional, ata o punto de emocionar. Cun sorriso sempre na boca todo o mundo deu o mellor de si, desde os actores, que fixeron un esforzo físico e mental que rozou o épico, ata o equipo técnico, pequeno pero rebosante de talento, forza, cariño e profesionalidade. Todo o mundo fixo de todo para sacar isto adiante; o que comezou como unha fin de semana chea de medos e incertidumes, rematou como algo inolvidable onde os lazos se fixeron máis fortes e na que a familia se ampliou. Mil grazas a Aitor V, Lois, Ana, Alberto, Sergio, Emilo por formar parte deste proxecto e xa das nosas vidas. Seguirémonos vendo no camiño!
Aquí tedes “Meirol” a nosa particular versión en directo de “Danza de Meirol” de Berrogüetto. Esperamos que o gocedes igual que o gozamos nós e que o compartades moito coa vosa xente querida. Para nós a música é todo, e poder compartila con vós é un regalo. Graciñas por estar aí.
Despois dun tempo agochados na tobeira, voltamos aos directos con 9 concertos espallados pola xeografía Ourensá nos próximos dous meses. Vémonos na festa!