Paréceme que andan a argallar algo
E con esas caras de pícaros non pode ser nada bo…
Muuuuu!
Grande inauguración da nosa Microtenda Virtual
Nesa teima nosa de querernos facer asquerosamente ricos para deixar dunha vez esta mala vida de músico que levamos demos en crear a nosa propia tenda virtual.
Aínda está na súa versión de proba, pero polo de agora parece que todo funciona ben. Entra e bótalle un ollo ós artigos que temos, que xa está aberta para todos vós a nosa Microtenda Virtual.
Gracias pola visita.
Guezos en Aberto por Reformas
O día 1 de agosto pasaba Guezos polos micrófonos da Radio Galega dentro do programa de Xurxo Souto Aberto por Reformas. De aí saíu unha pequena entrevista que podes escoitar completa desde aquí.
¡Olliño, que comeza no minuto 14!