Oito Destino agora tamén dispoñible n’A Regueifa

Para os que aínda non a coñezades, “A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente.”

Desde hoxe “Oito Destinos” forma parte da colección da Regueira Netlabel, para que poidades descargalo desde a vosa casa coa carátula incluída. E de paso recoméndovos dar un paseíño pola web onde poderedes descubrir outros traballos de grupos galegos que tamén están a traballar duro para poder chegar a todos vós.

EBA 5.0

Cartel EBA 5.0Hoxe, 18 de decembro, preséntase no Auditorio Municipal de Ourense o proxecto “EBA 5.0“, que materializa a editorial Difusora de Letra, Artes e Ideas coa edición dun LIBRO+CD+DVD no que todo xira arredor da figura de Eduardo Blanco Amor e a súa “A Esmorga”.

Guezos foi chamado para colaborar xunto con outras bandas nesta aventura. A nosa particular aportación ó proxecto foi a nosa “Esmorga”, que escoitastes no disco “Oito Destinos”. Desta vez foi gravada á calor dunha banda de percusión ourensá, os Percutores, para formar parte do DVD EBA 5.0.

Así que si queredes ver de que vai todo isto, vémonos ás 23:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Ata loguiño!