Voltamós ás andadas

Cartel de Guezos no Curral do MarquésPorque NON podemos, NON sabemos e NON queremos parar!
Trala grande despedida de ano en Ourense, cunha Sala Berlín chea de amigas, amigos, familia e novos seguidores, comezamos a explorar novos territorios. Nesta ocasión paramos en Taragoña (Rianxo) no CURRAL DO MARQUÉS, da man de Bea Bugalho.
Polas referencias que temos, lugar con encanto que paga a pena coñecer. Esperamos contar coa xente de Taragoña, Rianxo… e por suposto con todos os que andades espallados por aí adiante: Compos, arredores e todo o Barbanza. Encántanos coñecer novos lugares, novas xentes e non deixar a ninguén indiferente.
Prometemos intensidade,baile, festa, risas e sobre todo música, moita MÚSICA.

Despedimos o ano na Sala Berlín

Voltamos aos escenarios para rematar o ano Ó GRANDE. Facémolo por primeira vez na Sala Berlín (Ourense) acompañados das espectaculares The Tetas Van. Dous concertos cheos de enerxía, diversión e bo ambiente cun prezo acorde aos malos tempos que corren.

Estamos emocionados, ilusionados e traballando para que sexa unha noite máxica. Contamos con todos vós. Cos que levades tantos anos colaborando, apoiando, asistindo aos concertos e cos que aínda non formades parte desta gran familia.

Aproveita e merca as túas entradas por anticipado, hai 4 puntos de venda repartidos por Ourense.

Vémonos o 28 de decembro (non é unha inocentada).