“Faíscas” nominado a mellor Videoclip no Festival de Cans

Como moitos sabedes estamos en plena produción do videoclip “Motor”, pero non por iso nos olvidamos do noso querido “Faíscas” que nos leva dado tantas alegrías.

Por primeira vez estaremos na sección oficial do Festival de Cans cun videoclip!! Estamos moi, moi contentos!!

O 16 de maio enviaremos a nosa delegación a pasalo xenial ao festival: Alberto Medeiros, Emilio Dominguez, Aitor Uve, Lois Cid e Ana Gil.

Aprazado o concerto na Sala Jagger

ATENCIÓN

Por motivos de saúde (non graves) vémonos na obriga de APRAZAR o concerto do sábado 2 Xullo na Sala Jagger.

É a primeira vez en 21 anos que temos que facer isto e lamentámolo moitísimo, por nós e pola xente afectada. Avisaremos da nova data en canto a concretemos, pero esperamos que sexa no outono/inverno.

Ata entón!