E con esas caras de pícaros non pode ser nada bo…
Muuuuu!
E con esas caras de pícaros non pode ser nada bo…
Muuuuu!
Nesa teima nosa de querernos facer asquerosamente ricos para deixar dunha vez esta mala vida de músico que levamos demos en crear a nosa propia tenda virtual.
Aínda está na súa versión de proba, pero polo de agora parece que todo funciona ben. Entra e bótalle un ollo ós artigos que temos, que xa está aberta para todos vós a nosa Microtenda Virtual.
Gracias pola visita.
O día 1 de agosto pasaba Guezos polos micrófonos da Radio Galega dentro do programa de Xurxo Souto Aberto por Reformas. De aí saíu unha pequena entrevista que podes escoitar completa desde aquí.
¡Olliño, que comeza no minuto 14!
Aí os tes. Eles tampouco ían pasar sen unha das novas camisolas de Guezos.
Podes buscar no Zara, no Carrefur ou no rastro, pero estas só as vas atopar aquí. En dúas cores, tódalas tallas e modelos distintos para rapaz e rapaza. Moi sinxelas de usar, cun burato pra cada brazo e outro pra cabeza. Agora por só 10 €!
Á venda en “Planeta Perverso”. Praza das Damas nº2 (fronte ó Moruno), en Ourense.
Proximamente dispoñible tamén por correo na nosa microtenda virtual.
Seguro que algúns de vós xa sabedes de que vai isto, pois xa está na rúa “Nsaio, a música emerxente de Galiza”, onde se recollen temas dos 12 semifinalistas e finalistas da edición do 2007 do concurso Nsaio no camiño, entre eles o noso Manoliño.
E os que aínda non o cheirastes aínda estades a tempo de facervos con un dos moitos que se repartirán este verán nos máis grandes festivais de Galiza.