Voltamos ao Con do Moucho!!!

Guezos no Con do Moucho 2011

Voltamos á Illa de Arousa! Un dos concertos máis especiais para nós por moitísimas razóns; porque alí coñecimos xente estupenda que sempre nos acolleu dun xeito espectacular e coa que seguimos tendo relación. Reencontrarémonos con todos eles, aínda que esta vez non estean detrás da barra! E, por suposto, estamos desexosos de tocar no Con nesta nova etapa para o local e tamén para nós!
Este será un dos 3 concertos que daremos en outubro. Despois faremos unha pausa nos directos para darlle forma a varias ideas que estamos tramando!!!! 🙂