Xa podes colaborar co novo disco de Guezos!! Pica no enlace e faite mecenas de Zapatos Novos!
Todo o proceso está explicado no enlace. Moitísimas gracias a todos por anticipado!!
Gravamos!!!
A mediados de marzo gravamos!!! Fainos especial ilusión facelo en Estudio A Ponte, con Tomás Ageitos. A masterización correrá a cargo de Dr. Chou, o noso técnico habitual de escenario, amigo, compañeiro de aventuras e creador de solucións imposibles. Farémolo do xeito máis auténtico e natural, tratando de buscar o son máis parecido aos nosos directos.
Imos precisar da vosa colaboración para poder sacar o proxecto adiante, así que estade atentos, porque proximamente explicaremos como podedes ser partícipes.
Esperamos estar á altura!!!
Esta tarde na Radio Galega
Esta tarde estaremos en directo no programa A Tarde da Radio Galega presentado 3 temas en acústico.
Para que vos fagades unha idea de como nos enfrentamos a estes retos deixámosvos este enlace de aquí abaixo. 👉🏻🕺🏻⚡️
Guezos asaltando castros