Foliada en todas as plataformas

Velaquí o prometido!

Xa tedes FOLIADA en tódalas plataformas e o dobre formato de Videoclip.

Desexamos que a gocedes tanto coma nós. Mil grazas a todas/os.

Bailadoras e bailadores:

María Dolores Vázquez Regueiro
María José García Resúa
Gloria García López
Chus Iglesias Prado
Javier García Vázquez (Temponovo, Xacarandaina e Donaire)
Candela García Iglesias (Donaire, Santaia e Pan.Sen.Fron)
Daniel Pérez Traba (AC Raigañas de Cerqueda)
Cristina Muñiz Cives (AC Raigañas de Cerqueda)
Elena Iglesias Domínguez (Agrupación Castro)
Mª José Pumar Garrido (Agrupación Castro Floxo)
Daniel Picos Lorenzo
Sandra Novais Meireles
Alba María García Golpe
Ainhoa Vigo Vázquez
Alejandra González Rodríguez
María García Ramonde

Colaboracións:

Budiño (Frauta)
Alba Rodríguez Sabín (pandeireta)

Agradecementos:

Elena Salgado
Clara Bellas Novo
Felisa Segade
Montse Rivera
Bodegas Joaquín Rebolledo
Centro Cultural Santa Marta
Concello de Santiago

Arranxos:

Guezos/Budiño

Produción artística:

Budiño
Enxeñeiro de son/masterización
Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Grabado por Aitor, Lois e Nia de Jaleo Estudio.

Escóitanos!

Con Toño nos Estudios da Radio Galega¡Aquí están! “Identidade” e “Acción-Reacción” recén saídos dos Estudios da Radio Galega, coidadiño que aínda queiman!

Escoitádeo aquí e agora mesmo, e sabede que se aínda queredes máis desde hoxe tedes aberta unha nova sección de descargas onde podedes escoitar dous temas máis e baixalos cando queirades.

[audio:https://www.guezos.com/identidade.mp3]

[audio:https://www.guezos.com/acción-reacción.mp3]

Gravando nos Estudios da Radio Galega

Gravación nos estudios da Radio Galega

Onte mesmo volvíamos de Santiago, despois de pasar o día nos estudios da Radio Galega metidos de cheo na gravación de dous temas para o GZ Crea.

Unha experiencia dura pero enriquecedora isto do estudio, especialmente con Toño como productor, que se ve que é desa xente que gusta de facer ben as cousas.

Aínda non sabemos cal será o destino final do traballo de onte nin cando poderemos escoitalo, mais tede por seguro que informaremos tan pronto como sepamos algo.