Feliz 2021!

Pois así quixemos despedir o ano GUEZOS, con esta versión espida de Wish you were here, a unha toma, ao natural, gravadora en man, cámara e móbil.
Canto nos gustaría que todo voltase a ser como antes!
Brindemos pola memoria dos/as que non están, pola recuperación da vida que coñeciamos e por un 2021 un chisquiño mellor! ❤️

Facemos a doazón a Pequeños Superhéroes

Despois deste mal soño do Covid-19, ao fin hoxe puidemos facer a doazón de 1.536’50 € á asociación Pequeños Superhéroes.

Lembrámosvos que a campaña de Guezos consistiu en doar 10 céntimos por cada visualización ou escoita do noso tema Luces do Norte, tanto no formato audio (Spotify) coma no formato video (YouTube), así que GRAZAS polas 15.365 escoitas e visualizacións!!!

Foi para nós unha auténtica honra poder aportar unha pequenísima parte do que se precisa para atopar un tratamento eficaz para os nenos padecen miopatía miotubular.

Se queredes saber máis sobre esta enfermidade rara e sobre as vidas destes loitadores visitade a súa páxina. Na mesma, poderedes aportar tamén unha axuda, se queredes.

Estamos emocionados e sentimos que pagou a pena este modesto proxecto.
Moitas grazas a Santi, Raquel, Zeltia e a toda a asociación. E sobre todo, MOITA FORZA, RAFA!!!

E grazas por suposto, á banda de gaitas Nova Fronteira, que colaborou con nós na gravación do tema e videoclip Luces do Norte.

Xa podes ver a nosa nova camisola

Presentamos en primicia mundial a camisola oficial do novo disco Zapatos Novos, fabricada con algodón orgánico da mellor calidade!!

Queda unha semana para que remate o crowdfunding de Zapatos Novos e precisamos da vosa axuda para poder acadar o obxectivo final. Fáltanos un chisquiño para sacar o proxecto adiante e o tempo non perdoa!!! Temos packs para tódolos gustos e de diversos prezos, desde o básico de 10€ (inclúe o noso discazo Zapatos Novos de recompensa), ata outros paquetes máis completos que inclúen recompensas como esta camisola, pegata para o coche, chapas, entradas para o concerto presentación (23 xuño no Auriense) e mesmo zocas personalizadas.

Calquera aportación será benvida!!

Benvido, Juan!!!

Hai unhas semanas vivimos un momento moi emotivo, facendo pública a marcha do noso guitarrista, compañeiro e amigo David Quintas. Todo cambio leva implícito un período de asimilación, adaptación e incertidume, pero tamén trae consigo unha enorme excitación, renovadas ilusións e unha sensación de comezo e de que todo está por facer.
Anunciabamos novidades; pois aquí as tedes:
Temos o inmenso pracer de presentarvos ao novo guitarrista de Guezos, Juan Fish, co que xa levamos varias semanas traballando. Dende xa, pasa a formar parte da gran familia GUEZOS. As sensacións son inmellorables e estamos seguros de que viviremos moitos momentos felices, dentro e fóra dos escenarios!
BENVIDO, JUAN!!!