Autor: Guezos
Visita ao Planeta Furancho
Con motivo da publicación do noso “O Histérico Latexo” e a súa presentación no Teatro Principal, voamos ata o Planeta Furancho para facerlle unha visita a Vituco. Se non puidestes escoitar a parola en directo, aquí vola deixamos (A entrevista comeza no minuto 23:55).
Agardámovos mañá no Teatro, queremos que veñades todos. Ata mañaaa!!!
Presentamos “O Histérico Latexo”
Espero que esteades todos preparados, entrada en man e coas orellas despexadas, para o que vos agarda esta fin de semana, porque despois de moito traballo e dunha longa, longa espera… XA TEMOS NOVO DISCO!!!
O noso pulso vai histérico de impaciencia e emoción porque queremos amosárvolo xa! Por iso, este sábado día 14 estaremos no Teatro Principal preparados para presentarvos “O Histérico Latexo”. Un espectáculo presentado polo actor Carlos Blanco, e no que ademais dos novos temas agárdavos máis dunha sorpresa.
Para conseguir unha entrada antes de que se esgoten (que o Teatro é Pequechiño), podedes pasarvos por Peggy Records, Grándola, Livraría Torga ou no Auriense.
Deica!
«Os de Ourense sómosche tan festeiros polo licor café»
O día 1 de abril, con motivo da nosa visita á Illa de Arousa, fixéronnos unhas preguntiñas para La Voz de Galicia. Para saber un pouquiño máis de nós, botádelle un ollo á entrevista completa a David Quintas.