Autor: Guezos
Estreamos guitarrista!
Despois de nove meses de silencio presentamos oficialmente ao noso novo guitarrista, Juan Fish.
Como non podía ser doutro xeito, o concerto terá lugar na súa cidade, Ourense, no Café Cultural El Pueblo, o vindeiro venres 10 de xuño, ás 22:00h, cun prezo de 5€.
Alí poderedes escoitar temas que xa forman parte da nosa historia, temas dos últimos dous traballos discográficos, outros inéditos e algunha que outra versión. Todo isto, baixo un novo ollar, coa frescura e coa enerxía que proporciona o comezo desta nova etapa.
Benvido, Juan!!!
Hai unhas semanas vivimos un momento moi emotivo, facendo pública a marcha do noso guitarrista, compañeiro e amigo David Quintas. Todo cambio leva implícito un período de asimilación, adaptación e incertidume, pero tamén trae consigo unha enorme excitación, renovadas ilusións e unha sensación de comezo e de que todo está por facer.
Anunciabamos novidades; pois aquí as tedes:
Temos o inmenso pracer de presentarvos ao novo guitarrista de Guezos, Juan Fish, co que xa levamos varias semanas traballando. Dende xa, pasa a formar parte da gran familia GUEZOS. As sensacións son inmellorables e estamos seguros de que viviremos moitos momentos felices, dentro e fóra dos escenarios!
BENVIDO, JUAN!!!