Comeza a acción!!!

Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.

Camisolas á venda!!

Monos con camisolas

Mira que monos!

Aí os tes. Eles tampouco ían pasar sen unha das novas camisolas de Guezos.

Podes buscar no Zara, no Carrefur ou no rastro, pero estas só as vas atopar aquí. En dúas cores, tódalas tallas e modelos distintos para rapaz e rapaza. Moi sinxelas de usar, cun burato pra cada brazo e outro pra cabeza. Agora por só 10 €!

Á venda en «Planeta Perverso». Praza das Damas nº2 (fronte ó Moruno), en Ourense.

Proximamente dispoñible tamén por correo na nosa microtenda virtual.