Mar 15 Xuñ 2010
De Esmorga na Praza Maior
Escrito por admin en Do directo, Publicacións
[2] Comentarios
Unha vez máis estaremos recordando a un dos grandes escritores que pariu esta cidade nosa, Eduardo Blanco Amor, e en concreto a súa obra “A Esmorga”.
O espectáculo que nos agarda será moi similar ao que xa puides ver no Auditorio Municipal en decembro. Desta, o lugar escollido é a Praza Maior, e de compañeiros de escenario temos a Animales Domésticos, a Banda Municipal de Ourense, a Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Magritte, María do Ceo, Perqtores, Sólidos Galicianos e O Sonoro Maxín.
Seguide ós cabezudos que andarán a ruar este xoves pola ruta da Esmorga ata a Praza Maior e quedádevos con nós das 23:00 á 1:00 para disfrutar de todo o que o Festival EBA 5.0 nos ten preparado.
Remata maio e a Xira Dez Primaveras chega ao seu fin. E non podía acabar sen pasar por Ourense. E é que en nengún sitio como na casa! Por iso queremos celebralo ao grande.
Un ano máis, coa chegada da primavera, bótámonos á estrada cos trebellos todos ó lombo coa intención de levar a nosa música a todos os recunchos desta terra galega. Baixo o nome Dez Primaveras, esta xira “indoor” contará con nove destinos que repartidos entre os meses de abril e maio.
