En Agosto…

En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto” reza un dito galego supoñemos que moi antigo, porque bastaría un pequeno paseo polas vilas, aldeas e cidades galegas, para que as sabias xentes que crearon este refrán se retractaran nun abrir e pechar de ollos. Será por mulleres e viño… há! Eso sí, mosto vese ben pouco.

E diredes, que ten que ver esto con Guezos? Boa pregunta.

Resulta que despois de descansar, a medias, en xullo, voltamos agora en agosto para tocar en festas nas que non abonda nada o mosto, aquí vos deixamos unha pequena escolma que se irá actualizando na sección “Concertos” segundo nos vaian confirmando datas.

Saúdos.

  • 1 de agosto 2009 Concerto en Catoira, Pontevedra
  • 7 de agosto 2009 Concerto na Festa dos Botes, Arzúa, A Coruña.
  • 8 de agosto 2009 Concerto en Porriño, Pontevedra

E UNHA DATA MÁIS!

  • 15 de agosto 2009 Concerto en A Barrela, Lugo.

Xuño quente

Impulsados coa inercia que nos deu a Xira Oito Destinos difícil vai ser agora estarmos quietos. Aquela fame que ruxía nos nosos bandullos converteuse en gula e non pensamos parar ata estar ben cheos de todo o que nos gusta.

Eso si, queremos que veñades todos connosco para facer de cada noite unha verdadeira festa.E si non sabedes por onde andamos non vos preocupedes, que xa vos iremos deixando unhas pedriñas para que poidades seguirnos o rastro este mes de xuño.

|

|

|

|

|

Comeza a acción!!!

Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.