Escóitanos!

Con Toño nos Estudios da Radio Galega¡Aquí están! “Identidade” e “Acción-Reacción” recén saídos dos Estudios da Radio Galega, coidadiño que aínda queiman!

Escoitádeo aquí e agora mesmo, e sabede que se aínda queredes máis desde hoxe tedes aberta unha nova sección de descargas onde podedes escoitar dous temas máis e baixalos cando queirades.

[audio:https://www.guezos.com/identidade.mp3] [audio:https://www.guezos.com/acción-reacción.mp3]

Nova sección: “Concertos”

Xa vos dixera que pouco a pouco iriamos engadindo novas seccións á páxina. Pois aí tedes, xusto onde vos sinala o Morta, para que non vos perdades nin un!!!

Entrade na sección Concertos para enteirarvos de tódolos detalles dese bolo ó que queres ir: horario, entrada, organización, outros grupos, e todo o que faga falta para que vaiades ben preparados. E por suposto tamén aquí tedes voz, deixade os vosos comentarios, dudas, etc. en cada un dos concertos.

E polo de agora, como ben dixo Fran, “animarvos a todos a que veñades aos próximos concertos, que son XA!!!!
Os que xa coñecedes a GUEZOS poderedes escoitar novos temas e nova posta en escea e os que aínda non nos coñecedes tedes unha boa oportunidade agora… Aceptamos críticas, suxerencias, opinións, todo co fin de mellorar…
Bueno, se facemos algo ben tamén o podedes dicir ,eh!!

Temos moitas ganas de arrincar e empezar esta nova etapa.
Biquiños para tod@s!

Gravando nos Estudios da Radio Galega

Gravación nos estudios da Radio Galega

Onte mesmo volvíamos de Santiago, despois de pasar o día nos estudios da Radio Galega metidos de cheo na gravación de dous temas para o GZ Crea.

Unha experiencia dura pero enriquecedora isto do estudio, especialmente con Toño como productor, que se ve que é desa xente que gusta de facer ben as cousas.

Aínda non sabemos cal será o destino final do traballo de onte nin cando poderemos escoitalo, mais tede por seguro que informaremos tan pronto como sepamos algo.

Abrimos portas!

Vasoira

Benvidos todos!

Visto que a nosa vella páxina estaba chea de recunchos que ninguén quería varrer e só facían que acumular po, decidimos abrir fiestras e darlle un bo fregado.

Había moito máis que facer do que parecía, desculpade si non puido ser antes, pero xa está todo preparado para invitarvos a entrar e participar neste novo sitio no que esperamos que vos sintades a gusto.