Oito Destino agora tamén dispoñible n’A Regueifa

Para os que aínda non a coñezades, «A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente

Desde hoxe «Oito Destinos» forma parte da colección da Regueira Netlabel, para que poidades descargalo desde a vosa casa coa carátula incluída. E de paso recoméndovos dar un paseíño pola web onde poderedes descubrir outros traballos de grupos galegos que tamén están a traballar duro para poder chegar a todos vós.

EBA 5.0

Cartel EBA 5.0Hoxe, 18 de decembro, preséntase no Auditorio Municipal de Ourense o proxecto «EBA 5.0«, que materializa a editorial Difusora de Letra, Artes e Ideas coa edición dun LIBRO+CD+DVD no que todo xira arredor da figura de Eduardo Blanco Amor e a súa «A Esmorga».

Guezos foi chamado para colaborar xunto con outras bandas nesta aventura. A nosa particular aportación ó proxecto foi a nosa «Esmorga», que escoitastes no disco «Oito Destinos». Desta vez foi gravada á calor dunha banda de percusión ourensá, os Percutores, para formar parte do DVD EBA 5.0.

Así que si queredes ver de que vai todo isto, vémonos ás 23:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Ata loguiño!

Oito Destinos no forno.

Xa vos podemos adiantar que o novo disco de Guezos «Oito Destinos» vai camiño da fábrica. Esperamos que para finais deste mes ou comezos de abril esté xa dispoñible para todos vós. Desde aquí anunciaremos todas as novas relacionadas co tema.

De momento, coma adianto, deixámosvos o título das cancións que figuran no disco:

  • Guezada
  • A Esmorga
  • Acción – Reacción
  • Identidade
  • Todo Perfecto
  • Vals do Regueiro
  • Amodo
  • Terradentro (vers. 2009)