Atentos á emisión!

O venres 21 de xuño estaremos físicamente na Festa da Arroutada de Xunqueira de Ambía, pero para todos aqueles que non vos poidades achegar poderedes ver parte da actuación a través de www.noiseofffestival.com xa que participaremos no día da música online coma representantes de Ourense a nivel nacional.
Dádelle ao play!

Ti podes facer que GUEZOS forme parte do MUNDO CELTA 2013 (Ortigueira)

Unha vez máis, abusando da vosa boa vontade, pedímosvos axuda! GUEZOS pode facer realidade tres soños e os tres dentro do mesmo ano, 2013.
Estamos xa no Reperkusión gracias a todos vós e ás vosas votacións, tamén estaremos no Festival Folk da Festa da Fraga de As Pontes. Só nos falta un empurronciño máis para facer o TRIPLETE e estar en Ortigueira.
A forma de colaborar é moi sinxela. Tedes que pinchar na seguinte ligazón, teclear unha sinxela clave e votar GUEZOS. Cada persoa o poderá facer unha vez ao día e só ata o 25 de abril!!

http://www.festivaldeortigueira.com/grupos/runas_interior.php?id=200&lg=gal

Que vos vamos contar do Festival de Ortigueira, coñecido no mundo enteiro e escenario que todos os grandes grupos folk nacionais e internacionais desexan pisar ano tras ano e dende hai uns anos, tamén plataforma para outros grandes grupos non tan coñecidos pero que veñen pegando forte!
O que xa o coñeza que siga disfrutando del e os que que non…
xa sabedes é como a Meca ou San Andrés de Teixido: HAI QUE IR POLO MENOS UNHA VEZ NA VIDA!!
DÍAS 11, 12, 13 E 14 DE XULLO
CONCERTOS DE BALDE, ACAMPADA DE BALDE, XENTE, DIVERSIÓN, MÚSICA POLAS RÚAS E ESE AMBIENTE MÁXICO QUE FAI DE ORTIGUEIRA UN FESTIVAL ÚNICO E IRREPETIBLE

O público elixe no Facebook a Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán

Cartel Reperkusión 2013“O Festival Reperkusión, que se celebra este ano do 10 ao 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, abriu parte da súa programación á escolla do público. Tratábase de que a través de Facebook os seguidores do festival elixisen tres grupos entre os 39 que se presentaron á convocatoria de artistas. E a resposta foi tan positiva, que o festival decidiu incorporar aos catro grupos máis votados, que conseguiron cada un deles máis de 1.200 votos. Son os ourensáns Guezos, creadores dunha música heteroxénea que parte do folk; os tamén galegos Skarallaos, un grupo de xente moi nova cun directo enérxico que eles chaman “punkizaxe”, os asturianos La Tarrancha, que mesturan ritmos xamaicanos con letras reivindicativas en lingua asturiana, e os barceloneses Rimbarán, responsables dun son divertido que denominan “rimba”. Únense a un festival no que destaca a presenza de Manu Chao e Fermin Muguruza, cabezas de cartel.”

Ir á fonte