Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro 16 de maio na sala Auriense presentaremos o noso novo EP “Un Longo Camiño”.
No CD, ademais de catro temas gravados por David Quintas en Xílgaro Estudios e masterizados por Dr. Chou, poderedes disfrutar en HD deste fermoso vídeo que realizou Aitor Uve no Renque.
Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Categoría: Publicacións
O Histerico Latexo xa soa en Spotify
Si amigos, desde esta mesma semana xa podedes escoitarnos alá onde estedes desde calquera dispositivo con conexión á rede e incluso mercar “O Histérico Latexo” na súa versión dixital a través de Spotify.
E próximamente estará tamén dispoñible en iTunes e GooglePlay.
Vémonos na rede!
Presentamos “O Histérico Latexo”
Espero que esteades todos preparados, entrada en man e coas orellas despexadas, para o que vos agarda esta fin de semana, porque despois de moito traballo e dunha longa, longa espera… XA TEMOS NOVO DISCO!!!
O noso pulso vai histérico de impaciencia e emoción porque queremos amosárvolo xa! Por iso, este sábado día 14 estaremos no Teatro Principal preparados para presentarvos “O Histérico Latexo”. Un espectáculo presentado polo actor Carlos Blanco, e no que ademais dos novos temas agárdavos máis dunha sorpresa.
Para conseguir unha entrada antes de que se esgoten (que o Teatro é Pequechiño), podedes pasarvos por Peggy Records, Grándola, Livraría Torga ou no Auriense.
Deica!
Agardando polo Histérico Latexo
Pouco falta xa para poder ter nas nosas mans o disco “O Histérico Latexo”, no que levamos traballando intensamente os últimos meses.
Un grandísimo acontecemento para nós! Xa comezaron a soar as bombas de palenque que anuncian a festa que se achega. Rebentou a primeira en Xinzo con gran estrondo, a segunda en Celanova esta pasada fin de semana, e ídevos preparando para as que veñen… Se queredes saber onde caerán podedes consultar a nosa páxina de próximos concertos.
Achegádevos se queredes escoitar de preto este Histerico Latexo.
De Esmorga na Praza Maior
Unha vez máis estaremos recordando a un dos grandes escritores que pariu esta cidade nosa, Eduardo Blanco Amor, e en concreto a súa obra “A Esmorga”.
O espectáculo que nos agarda será moi similar ao que xa puides ver no Auditorio Municipal en decembro. Desta, o lugar escollido é a Praza Maior, e de compañeiros de escenario temos a Animales Domésticos, a Banda Municipal de Ourense, a Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Magritte, María do Ceo, Perqtores, Sólidos Galicianos e O Sonoro Maxín.
Seguide ós cabezudos que andarán a ruar este xoves pola ruta da Esmorga ata a Praza Maior e quedádevos con nós das 23:00 á 1:00 para disfrutar de todo o que o Festival EBA 5.0 nos ten preparado.