Discalzos polo Festival!

Os días 3 e 4 de agosto vémonos en Cedeira!!!

Os Discalzos naceron dunha xuntanza de grupos de Cedeira para unha homenaxe. Os medios eran escasos: unha carpa, material prestado, grupos con ganas de tocar e moita vontade e ilusión. Pouquiño a pouco foron medrando grazas ao seu tesón e á colaboración da xente e institucións. En moi pouco tempo conseguiron armar un festival e cada vez están máis preto de conseguir o seu obxectivo, afianzarse como un dos festivais importantes de Galicia, cun cartel variado e sen prexuizos musicais.

Este ano, un pasiño máis!

Hafla Jam Session

O próximo 17 de outubro na Praza de San Marcial, a partir das 21:30 participaremos nun espectáculo único. Unha jam session de danza oriental e música en directo!

Acompañarannos na música O Sonoro Maxín, El Patio e The Phantom Dragsters. Da danza encargaránse Nuria Gallego, Meigas Tribal, Feitizo Tribal e Eva Domínguez.

Estade atentos que a cousa promete!!

Voltamos á Illa!

Cartel Guezos Con do MouchoPor fin!! Como sempre dicimos, a visita ó Con do Moucho é un dos mellores momentos do ano para Guezos. Caímos alí hai anos, case por casualidade; quedamos prendados do lugar e sobre todo da xente. Sentímonos en familia, entre amigos, queridos e moi pero que moi ben tratados. No Con do Moucho sabemos cando e como comezamos, pero nunca cando e como rematamos!!!
Levamos con nós o noso novo EP “Un longo camiño”, unha edición limitada con 4 temas, 1 videoclip, fotografías/postais da nosa historia, chapa e quizais algunha sorpresa máis. É a nosa forma de celebrar o noso 15 aniversario.
Vémonos o sábado!!

Concerto/presentación de “Un longo camiño”

Este venres 16 de maio presentamos no Auriense “Un longo camiño”. Un EP edición limitada co que queremos celebrar o noso 15 aniversario con saúde e novos proxectos. Será a primeira oportunidade de facervos fisicamente con este disco. Contén 4 temas e o videoclip “Lévame” que adiantamos hai uns días. Insistimos, é unha EDICIÓN LIMITADA feita con todo o noso cariño e que poderedes mercar, ademais do 16 no Auriense, nos próximos concertos primavera/verán ata que se esgote. Recordamos tamén que os anteriores traballos de Guezos viaxan con nós a todos os concertos e desde hai xa unha boa tempada están tamén nas principais plataformas dixitais.
Este é un EP 100% GUEZOS. Foi gravado e misturado en Xilgaro Estudio de Grabación co noso guitarrista David Quintas e masterizado Dr.Chou, o noso técnico de son. Avisamos de que os 100 primeiros conteñen unha sorpresiña adicional no seu interior.

Grazas a todos os que facedes posible que Guezos continúe o seu Longo Camiño.