Atentos á emisión!

Para os que aínda non vos enterastes, o día 18 de xaneiro comezou a emisión do programa Enrede, do que xa falaramos neste blog. Podedes ver o trailer na anterior entrada.

Ben, pois este mércores día 25 tócalle o turno a Guezos. Trinta minutos de programa na que poderemos ver unha entrevista á banda e recordaremos o directo gravado no Café Cultural Auriense. Tomade nota: o próximo mércores 25 de xaneiro ás 23:30 h. Guezos en Enrede na TVG2.

Un pequeno adianto.

Ata entón!

Dez Primaveras en Ourense

Cartel Xira Dez Primaveras en OurenseRemata maio e a Xira Dez Primaveras chega ao seu fin. E non podía acabar sen pasar por Ourense. E é que en nengún sitio como na casa! Por iso queremos celebralo ao grande.

Xa está todo a punto para que comece a festa… Acompañarannos na noitiña os Perqutores para entrar en calor, e por se iso non é dabondo, podedes tamén achegarvos á barra a por un pouco do licor café e bica que se servirán de balde (ata fin de existencias, larpeiros!).

Se o tempo acompaña, vémonos esta noite ás 22:30 na Praza de San Marcial (onde o Grándola). Ata loguiño!

Compartir