Comeza a acción!!!

Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.