Voltamos á Illa!

Cartel Guezos Con do MouchoPor fin!! Como sempre dicimos, a visita ó Con do Moucho é un dos mellores momentos do ano para Guezos. Caímos alí hai anos, case por casualidade; quedamos prendados do lugar e sobre todo da xente. Sentímonos en familia, entre amigos, queridos e moi pero que moi ben tratados. No Con do Moucho sabemos cando e como comezamos, pero nunca cando e como rematamos!!!
Levamos con nós o noso novo EP «Un longo camiño», unha edición limitada con 4 temas, 1 videoclip, fotografías/postais da nosa historia, chapa e quizais algunha sorpresa máis. É a nosa forma de celebrar o noso 15 aniversario.
Vémonos o sábado!!

Concerto/presentación de «Un longo camiño»

Este venres 16 de maio presentamos no Auriense «Un longo camiño». Un EP edición limitada co que queremos celebrar o noso 15 aniversario con saúde e novos proxectos. Será a primeira oportunidade de facervos fisicamente con este disco. Contén 4 temas e o videoclip «Lévame» que adiantamos hai uns días. Insistimos, é unha EDICIÓN LIMITADA feita con todo o noso cariño e que poderedes mercar, ademais do 16 no Auriense, nos próximos concertos primavera/verán ata que se esgote. Recordamos tamén que os anteriores traballos de Guezos viaxan con nós a todos os concertos e desde hai xa unha boa tempada están tamén nas principais plataformas dixitais.
Este é un EP 100% GUEZOS. Foi gravado e misturado en Xilgaro Estudio de Grabación co noso guitarrista David Quintas e masterizado Dr.Chou, o noso técnico de son. Avisamos de que os 100 primeiros conteñen unha sorpresiña adicional no seu interior.

Grazas a todos os que facedes posible que Guezos continúe o seu Longo Camiño.

Atentos á emisión!

O venres 21 de xuño estaremos físicamente na Festa da Arroutada de Xunqueira de Ambía, pero para todos aqueles que non vos poidades achegar poderedes ver parte da actuación a través de www.noiseofffestival.com xa que participaremos no día da música online coma representantes de Ourense a nivel nacional.
Dádelle ao play!

Ti podes facer que GUEZOS forme parte do MUNDO CELTA 2013 (Ortigueira)

Unha vez máis, abusando da vosa boa vontade, pedímosvos axuda! GUEZOS pode facer realidade tres soños e os tres dentro do mesmo ano, 2013.
Estamos xa no Reperkusión gracias a todos vós e ás vosas votacións, tamén estaremos no Festival Folk da Festa da Fraga de As Pontes. Só nos falta un empurronciño máis para facer o TRIPLETE e estar en Ortigueira.
A forma de colaborar é moi sinxela. Tedes que pinchar na seguinte ligazón, teclear unha sinxela clave e votar GUEZOS. Cada persoa o poderá facer unha vez ao día e só ata o 25 de abril!!

http://www.festivaldeortigueira.com/grupos/runas_interior.php?id=200&lg=gal

Que vos vamos contar do Festival de Ortigueira, coñecido no mundo enteiro e escenario que todos os grandes grupos folk nacionais e internacionais desexan pisar ano tras ano e dende hai uns anos, tamén plataforma para outros grandes grupos non tan coñecidos pero que veñen pegando forte!
O que xa o coñeza que siga disfrutando del e os que que non…
xa sabedes é como a Meca ou San Andrés de Teixido: HAI QUE IR POLO MENOS UNHA VEZ NA VIDA!!
DÍAS 11, 12, 13 E 14 DE XULLO
CONCERTOS DE BALDE, ACAMPADA DE BALDE, XENTE, DIVERSIÓN, MÚSICA POLAS RÚAS E ESE AMBIENTE MÁXICO QUE FAI DE ORTIGUEIRA UN FESTIVAL ÚNICO E IRREPETIBLE