Concerto Online

O vindeiro sábado, 13 de xuño, ás 20:00 h (hora peninsular) ofreceremos vía Facebook live, YouTube e Twitch 📺 un CONCERTO EN DIRECTO dende Xílgaro Estudio.
A entrada será de balde, pero imos activar a opción de Doazón segura a través de PayPal por si nos queredes botar unha man cos gastos de produción, xa que levaremos técnicos de son e video para darvos a mellor experiencia posible.
Únete, comparte e desfruta dun auténtico concerto de Guezos dende a túa casa! 😊
Doazóns seguras aquí: paypal.me/xilgarosc

Xa brilan as Luces do Norte!

Agora é o momento de escoitar e compartir a canción nas vosas plataformas favoritas e ver o vídeo.
👉🏻 Cada visualización ou escoita dende o 29 de febreiro ata o 29 de marzo, significará 10 céntimos que Guezos doará a Pequeños Superhéroes Asociación de Miopatía Miotubular y Centronuclear de nenos con enfermidades raras.

Por suposto, si queres facer unha doazón, tamén o podes facer desde a páxina web da asociación.