Discalzos polo Festival!

Os días 3 e 4 de agosto vémonos en Cedeira!!!

Os Discalzos naceron dunha xuntanza de grupos de Cedeira para unha homenaxe. Os medios eran escasos: unha carpa, material prestado, grupos con ganas de tocar e moita vontade e ilusión. Pouquiño a pouco foron medrando grazas ao seu tesón e á colaboración da xente e institucións. En moi pouco tempo conseguiron armar un festival e cada vez están máis preto de conseguir o seu obxectivo, afianzarse como un dos festivais importantes de Galicia, cun cartel variado e sen prexuizos musicais.

Este ano, un pasiño máis!

Gravamos!!!

A mediados de marzo gravamos!!! Fainos especial ilusión facelo en Estudio A Ponte, con Tomás Ageitos. A masterización correrá a cargo de Dr. Chou, o noso técnico habitual de escenario, amigo, compañeiro de aventuras e creador de solucións imposibles. Farémolo do xeito máis auténtico e natural, tratando de buscar o son máis parecido aos nosos directos.
Imos precisar da vosa colaboración para poder sacar o proxecto adiante, así que estade atentos, porque proximamente explicaremos como podedes ser partícipes.
Esperamos estar á altura!!!

Quixera

Xa temos aquí o noso novo videoclip «Quixera»!!!

Quixémonos arrodear das nenas e nenos do CEIP de Cortegada, que simbolizan o futuro da nosa educación e da nosa sociedade. «Quixera» é tamén un canto á natureza, ao rural e ao desexo de ver vilas e aldeas poboadas e cheas de vida e futuro.

Infinitas grazas aos alumnos, nais, pais, mestres e xentes de Cortegada que participaron neste proxecto.
Grazas ao concello e deputación tamén pola colaboración. E, sobre todo, grazas a Anxo Fernández por crer e por seguir sendo un soñador.
Por suposto, grazas tamén á parte técnica polo seu compromiso e profesionalidade:
Son gravado e mesturado en Xílgaro Estudio, por David Quintas.
Masterizado por Dr. Chou
Realización videoclip: Aitor V, César Soberbio e GMG Audiovisual.

Mañá estreámolo no Luar con todos os nenos que participaron; e, o sábado 24, estaremos na Fábrica de Chocolate ás 22:00h (Vigo) co noso formato habitual e dando moita caña, inaugurando os concertos do verán.

ESTAMOS ENCANTADOS DE VOLTAR.
GRAZAAAAAAAS!!!!