Camisolas á venda!!

Monos con camisolas

Mira que monos!

Aí os tes. Eles tampouco ían pasar sen unha das novas camisolas de Guezos.

Podes buscar no Zara, no Carrefur ou no rastro, pero estas só as vas atopar aquí. En dúas cores, tódalas tallas e modelos distintos para rapaz e rapaza. Moi sinxelas de usar, cun burato pra cada brazo e outro pra cabeza. Agora por só 10 €!

Á venda en «Planeta Perverso». Praza das Damas nº2 (fronte ó Moruno), en Ourense.

Proximamente dispoñible tamén por correo na nosa microtenda virtual.

Nsaio, a música emerxente de Galiza

Cd Nsaio, a música no CamiñoSeguro que algúns de vós xa sabedes de que vai isto, pois xa está na rúa «Nsaio, a música emerxente de Galiza», onde se recollen temas dos 12 semifinalistas e finalistas da edición do 2007 do concurso Nsaio no camiño, entre eles o noso Manoliño.

E os que aínda non o cheirastes aínda estades a tempo de facervos con un dos moitos que se repartirán este verán nos máis grandes festivais de Galiza.