Quixera

Xa temos aquí o noso novo videoclip «Quixera»!!!

Quixémonos arrodear das nenas e nenos do CEIP de Cortegada, que simbolizan o futuro da nosa educación e da nosa sociedade. «Quixera» é tamén un canto á natureza, ao rural e ao desexo de ver vilas e aldeas poboadas e cheas de vida e futuro.

Infinitas grazas aos alumnos, nais, pais, mestres e xentes de Cortegada que participaron neste proxecto.
Grazas ao concello e deputación tamén pola colaboración. E, sobre todo, grazas a Anxo Fernández por crer e por seguir sendo un soñador.
Por suposto, grazas tamén á parte técnica polo seu compromiso e profesionalidade:
Son gravado e mesturado en Xílgaro Estudio, por David Quintas.
Masterizado por Dr. Chou
Realización videoclip: Aitor V, César Soberbio e GMG Audiovisual.

Mañá estreámolo no Luar con todos os nenos que participaron; e, o sábado 24, estaremos na Fábrica de Chocolate ás 22:00h (Vigo) co noso formato habitual e dando moita caña, inaugurando os concertos do verán.

ESTAMOS ENCANTADOS DE VOLTAR.
GRAZAAAAAAAS!!!!

Quixera

Boas! Temos novidades!! Pronto poderedes ver un novo videoclip dun tema inédito «Quixera» que nos fai especial ilusión, xa que contamos coa colaboración do CEIP de Cortegada e das súas alumnas e alumnos. Aproveitamos ademais a ocasión para comentarvos que este verán comezaremos a rodar en directo os nosos novos temas, nos que estivemos traballando este inverno, coa intención de gravalos a comezos do 2018 e sacar novo disco; o primeiro co noso novo guitarrista.
Asimesmo, queremos aclarar un tema que xerou certa confusión. O disco XV aniversario «Un longo camiño» subímolo recentemente ás plataformas dixitais, mais foi gravado xa hai un par de anos. Moitos seguidoros pensaron que era novo material. Sentimos o mal entendido. Haberá que esperar a 2018!!!
Se todo vai ben, en xuño estreamos este novo videoclip.
Vémonos nas festas!!!