Comeza a acción!!!

Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos en Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.

3 thoughts to “Comeza a acción!!!”

  1. Bravooo! Que vos vaia xenial con este novo disco, moita sorte! Teño ganas de escoitar a nova versión de Terradentro, gustame moito poñela moi moi alto. Escoitasevos por Escocia, ou polo menos o meu compañeiro de piso pode dicir que vos escoita! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.