Tralo éxito do ano pasado, acompañados das amigas de The tetas Van, decidimos repetir, esta vez acompañados do Grupo En Mala Hora. Coa organización deste concerto, Guezos pretende despedir o ano ó grande unha vez máis.
Queremos tamén celebrar na nosa cidade e acompañados dos nosos amigos e seguidores, o comezo dunha nova etapa que comeza coa inminente gravación dun videoclip, a gravación de novos temas e coa novidade de poder escoitar a nosa música nas principais plataformas dixitais.
Cóllea anticipada e non quedes sen ela!!
Puntos de venda:
Sala Berlín, Auriense, Peggy Records, Renque, Moucho.
ANTICIPADA: 5 €
BILLETEIRA: 6 €