O público elixe no Facebook a Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán

Cartel Reperkusión 2013“O Festival Reperkusión, que se celebra este ano do 10 ao 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, abriu parte da súa programación á escolla do público. Tratábase de que a través de Facebook os seguidores do festival elixisen tres grupos entre os 39 que se presentaron á convocatoria de artistas. E a resposta foi tan positiva, que o festival decidiu incorporar aos catro grupos máis votados, que conseguiron cada un deles máis de 1.200 votos. Son os ourensáns Guezos, creadores dunha música heteroxénea que parte do folk; os tamén galegos Skarallaos, un grupo de xente moi nova cun directo enérxico que eles chaman “punkizaxe”, os asturianos La Tarrancha, que mesturan ritmos xamaicanos con letras reivindicativas en lingua asturiana, e os barceloneses Rimbarán, responsables dun son divertido que denominan “rimba”. Únense a un festival no que destaca a presenza de Manu Chao e Fermin Muguruza, cabezas de cartel.”

Ir á fonte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.