2ª lesión da tempada

Dende logo, non é un bo momento para o sector gaiteiril. Se hai un par de meses tiñamos noticia de que unha lesión de nocello ía manter apartado da escea varias semanas ao ilustre gaiteiro Xabier Mortadelo, agora vemos como esta vez é Modesto a vítima dunha nova lesión, unha rotura de radio que nos privará nos próximos días de escoitar as melodías que el ben sabe ceibar do fol dunha gaita.

Para un gaiteiro de élite os obrigados paróns a consecuencia dunha lesión son duros. Insoportables mentres duran. Igual que Morta, Modesto é un loitador nato. Quere tocar. Morre por volver a tocar unha gaita. Pero de momento a súa misión é agardar.

“É moi difícil ir ver os concertos porque me dan ganas de axudar ós meus compañeiros dunha maneira moi directa“, autoconvéncese o gaiteiro, que asume o seu novo rol: “ter paciencia”.

Modesto non esquece o seu compromiso coa banda e afirma que polo de agora “o único que podo facer é axudar na parte creativa”.

Segundo o equipo médico que o está tratando, a súa reincorporación terá que agardar unhas semanas. Desde aquí desexámos que ese “unhas” sexan dúas namais e que volva a acompañarnos no directo canto antes.

Compartir

9 thoughts to “2ª lesión da tempada”

  1. Moitas gracias Rebo pese a retocar un pouco as miñas declaracións de onte durante o ensaio, o que si esta claro e que non vexo a hora de que me quiten a escaiola para poder estar con vos no escenario, un saudo e vemonos no catañazo

  2. VAMOS MORTADELO. NO TE DESANIMES QUE TODO LO MALO PASA. Y DESPUES VENDRA TU RECOMPENSA. BESOS. Y FELICIDADES CADA VEZ LO HACEIS MEJOR.

  3. Moitas gracias Maryloly e non te preocupes por o erro soe pasar, os dous con pelo largo e a gaita as costas…En serio gracias por o detalle.

  4. Pois con toda a tecnoloxia que tenen (non ten a letra o ordendador) os japos non me detectaron, xa non vexo a hora de estar na casa, ou no sofa ou ensaiando, ou de copas, que aburridos son por aqui, tinamos que facer un concertazo en Tokyo e rebentalo…

  5. Unha pena pero si para o Castañazo estás…alí espero vervos.

    Seguramente despois deste parón veñas ata con máis forzas (cousa que vexo ate complicada – e máis tendo a eses compañeiros de esceario…)

Deixa una resposta a Ro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.