Lun 27 Xul 2009
En Agosto…
Escrito por Anxo en Do directo
“En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto” reza un dito galego supoñemos que moi antigo, porque bastaría un pequeno paseo polas vilas, aldeas e cidades galegas, para que as sabias xentes que crearon este refrán se retractaran nun abrir e pechar de ollos. Será por mulleres e viño… há! Eso sí, mosto vese ben pouco.
E diredes, que ten que ver esto con Guezos? Boa pregunta.
Resulta que despois de descansar, a medias, en xullo, voltamos agora en agosto para tocar en festas nas que non abonda nada o mosto, aquí vos deixamos unha pequena escolma que se irá actualizando na sección “Concertos” segundo nos vaian confirmando datas.
Saúdos.
- 1 de agosto 2009 Concerto en Catoira, Pontevedra
- 7 de agosto 2009 Concerto na Festa dos Botes, Arzúa, A Coruña.
- 8 de agosto 2009 Concerto en Porriño, Pontevedra
E UNHA DATA MÁIS!
- 15 de agosto 2009 Concerto en A Barrela, Lugo.
Xullo 30th, 2009 ás 7:34 pm
Por certo, se alguén sabe que carallo significa o refrán, gustariame sabelo!