Facemos a doazón a Pequeños Superhéroes

Despois deste mal soño do Covid-19, ao fin hoxe puidemos facer a doazón de 1.536’50 € á asociación Pequeños Superhéroes.

Lembrámosvos que a campaña de Guezos consistiu en doar 10 céntimos por cada visualización ou escoita do noso tema Luces do Norte, tanto no formato audio (Spotify) coma no formato video (YouTube), así que GRAZAS polas 15.365 escoitas e visualizacións!!!

Foi para nós unha auténtica honra poder aportar unha pequenísima parte do que se precisa para atopar un tratamento eficaz para os nenos padecen miopatía miotubular.

Se queredes saber máis sobre esta enfermidade rara e sobre as vidas destes loitadores visitade a súa páxina. Na mesma, poderedes aportar tamén unha axuda, se queredes.

Estamos emocionados e sentimos que pagou a pena este modesto proxecto.
Moitas grazas a Santi, Raquel, Zeltia e a toda a asociación. E sobre todo, MOITA FORZA, RAFA!!!

E grazas por suposto, á banda de gaitas Nova Fronteira, que colaborou con nós na gravación do tema e videoclip Luces do Norte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.