Mar 15 Xuñ 2010
De Esmorga na Praza Maior
Escrito por admin en Do directo, Publicacións
[2] Comentarios
Unha vez máis estaremos recordando a un dos grandes escritores que pariu esta cidade nosa, Eduardo Blanco Amor, e en concreto a súa obra “A Esmorga”.
O espectáculo que nos agarda será moi similar ao que xa puides ver no Auditorio Municipal en decembro. Desta, o lugar escollido é a Praza Maior, e de compañeiros de escenario temos a Animales Domésticos, a Banda Municipal de Ourense, a Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Magritte, María do Ceo, Perqtores, Sólidos Galicianos e O Sonoro Maxín.
Seguide ós cabezudos que andarán a ruar este xoves pola ruta da Esmorga ata a Praza Maior e quedádevos con nós das 23:00 á 1:00 para disfrutar de todo o que o Festival EBA 5.0 nos ten preparado.

Hoxe, 18 de decembro, preséntase no Auditorio Municipal de Ourense o proxecto “
Agora si. Visitade a sección 
Guezos: “Esta iniciativa está moi ben, sobre todo para os grupos que comezan”
Seguro que algúns de vós xa sabedes de que vai isto, pois xa está na rúa “Nsaio, a música emerxente de Galiza”, onde se recollen temas dos 12 semifinalistas e finalistas da edición do 2007 do concurso