Sáb 26 Set 2009
Ceibamos todos os temas de Oito Destinos
Escrito por admin en Publicacións, guezos.com
[5] Comentarios
Agora si. Visitade a sección Descargas, onde atoparedes un pequeno agasallo. Todos os temas do noso último disco Oito Destinos xa están dispoñibles para a súa escoita e descarga.
Levádeos con vós e compartídeos sen medo co mundo enteiro (pois lembrade que están editados baixo unha licencia Recoñecemento-Compartir igual Creative Commons).

¡Aquí están! “Identidade” e “Acción-Reacción” recén saídos dos Estudios da Radio Galega, coidadiño que aínda queiman!
Xa vos dixera que pouco a pouco iriamos engadindo novas seccións á páxina. Pois aí tedes, xusto onde vos sinala o Morta, para que non vos perdades nin un!!!