Xira Dez Primaveras

Cartel Guezos Xira Dez PrimaverasUn ano máis, coa chegada da primavera, bótámonos á estrada cos trebellos todos ó lombo coa intención de levar a nosa música a todos os recunchos desta terra galega. Baixo o nome Dez Primaveras, esta xira «indoor» contará con nove destinos que repartidos entre os meses de abril e maio.

O listado completo dos concertos e todos os seus detalles podedes consultalos na nosa sección de Concertos.

Animádevos e achegádevos a pasar con nós unha noitiña. Prometemos sorprendervos coas nosas últimas creacións.

|

|

Oito Destinos xa dispoñible en tendas!

Se non nos vistes estes últimos días será porque andivemos por aí tomando o sol e mollando os pés no Atlántico ou en calquera río máis fresquiño que as augas da nosa sulfurosa Chavasqueira.

O caso é que agora que voltamos destas vacacións vemos como os nosos pequenos, que hai dúas semanas estaban preparados para abandonar o fogar e espallarse coma a gripe por estas terras galegas, marcharon xa ós seus destinos e alí están agardando a que algún de vós os leve á casa.

Como ben sabemos, moitos aínda non vos puidestes facer con un deles, así que aquí vos deixamos unha lista dos puntos de venta onde xa podedes atopar o noso último traballo «Oito Destinos» polo mesmo prezo de sempre, 10 euriños.

OURENSE | La Región · Peggy Records · Livraría Torga
ALLARIZ | A Tulla
VERÍN | Zinemusik
MELIDE | Muxica Tenda Xoven
LUGO | Don Disco · Discos Cede

E próximamente tamén en Carballiño, Xinzo da Limia, O Barco de Valdeorras, Cacabelos (León), Monforte de Lemos, etc.